Google Views permíteche explorar partes do mundo dende a casa. É unha comunidade onde os usuarios soben fotos con datos de xeolocalización e estas son inmediatamente identificadas en Google Maps na súa posición (servizo sucesor da española Panoramio, o cal xa mercaran no 2007).
Arquivo por etiquetas: WebApps
Aplicacións que se poden executar dende o explorador, polo cal é indiferente o sistema operativo.
Gmail, en galego
Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.
Actualización (02/10/2014): Gmail v4.9 (1271612) para Android segue sen traer galego.
Seguir lendo
Cerberus, en galego
Cerberus é un completo programa contra o roubo dos seus dispositivos. Ofrécelle protección para recuperar o dispositivo perdido ou roubado, e identificar o paradoiro ou calquera tentativa de operar con el. Ata 5 dispositivos podes rastrexar cunha única conta.
Co 3º aniversario da aplicación, hoxe 25 de abril, e ata o 26 ás 6 AM, o programa será de balde para todo novo usuario ou que xa anteriormente o empregase. O prezo normal é de 2’99€ para sempre.
Novidades do Telegram
Telegram da un paso adiante na localización, movendo as traducións de Android (oficial e S-edition), iPhone e a versión Web, á plataforma Transifex. Seguen implicados donatorouco e ashtophet, e súmase susobaco. Con esta, espérase unha pronta inclusión do galego, oficialmente.
Novidades do Galegram
A xente que está detrás de Galegram presenta varias actualizacións. Por unha banda presentan a súa versión web de Webogram, tamén chamada Galegram. E seguen apostando por anovar e mellorar a propia versión android do Galegram. Ademais estrean icona nova e páxina web.
Webogram, en galego
Se hai uns días daba conta de como vai a tradución de Telegram ao galego, agora temos dispoñible Webogram, un cliente web non oficial do Telegram para poder empregalo dende calquera parte: http://chuza.gl/telegram/
Google Drive, en galego
A nosa nube de Google engade o galego e o éuscaro. Todos os arquivos que subas a Drive, como vídeos, fotos e documentos, gárdanse de forma segura mediante un respaldo para que non os perdas. Podes convidar facilmente a outros usuarios para que vexan, editen ou deixen comentarios.
Actualización 29/10/2014: Drive v2.1.424.13.35 para Android segue sen traer o galego.
Tuenti, en galego
Tuenti converteuse na rede social por excelencia da xuventude española. É unha rede que cativou a un rango determinado de idade, o cal explota no posible as características que lle son ofrecidas, máis sobre todo o messenger e a presenza en tempo real estea onde estea.
Galego para… Pinterest?
O equipo de Pinterest abre a porta á tradución da plataforma. Mediante unha folla de inscrición, poderemos solicitar a disposición do galego como lingua a traducir (engadir Other: Galician nesa folla). Logo toca agardar pola resposta, cando estean preparados. Así que, solicitando galego 😉
Google+, en galego
A nova rede social de Google, que vén a substituír ás anteriores tentativas como Google Buzz, Google Wave ou Orkut. Google+ (ou Google Plus) é a rede social do futuro, o lugar perfecto onde compartir contido e contactar con todo tipo de persoas con intereses afíns aos teus.
Actualización 29/10/2014: Google+ v4.7.0.78692696 para Android segue sen traer galego.