Shurgram (Telegram) en galego

telegram galego Xa se pode dispoñer de Telegram en galego para android, non no cliente oficial, pero si a través dun fork (un derivado/bifurcación do oficial, totalmente funcional), grazas á xente de ForoCoches, que fixeron o seu particular Shurgram e incluíron o galego, traducido por un usuario do mesmo foro.

Seguir lendo

Galego para… Telegram?

telegram galego Leo en Xataka Android que Telegram actualizase e xa está dispoñible en castelán, o que irremediablemente me fai pensar se por algures se artella versión en galego. E así un pouco de busca da resultado: hai unha solicitude aberta no GitHub: https://github.com/DrKLO/Telegram/pull/53

Actualización (17/03/2014): Visita o novo artigo para saber das novidades do Telegram.

Seguir lendo

WhatsApp+, en galego

whatsapp+ galego WhatsApp abriu a tradución da aplicación ao galego, pero non o inclúe na aplicación. Un usuario de XDA-Developers modificou a aplicación e creou o WhatsApp+ que permite configuralo e personalizalo ao gusto (con temas, cores,…) e engadiulle a tradución que vai habendo do galego.

Actualización 13/11/2014: A versión 6.40D deixa de incorporar o galego dado que se elimina do repositorio.
Actualización 21/01/2015: Comezan a bloquear a usuarios de WA+ e o desenvolvedor abandona o proxecto.

Seguir lendo