É oficial, Google fornece ao sistema Android da lingua galega. A versión 5.0 Lollipop (piruleta) chegou completamente en galego (tamén éuscaro). Con ela, toda aplicación con tradución aparecerá directamente en galego (ata agora saian en inglés). A chegada ao teu móbil depende do fabricante.
Arquivo por etiquetas: Android
Contido relativo ao sistema operativo Android.
A casa da Conexa
Mucha e Nucha tráennos o seu primeiro xogo para móbiles “A casa da Conexa: A invasión de Ardebullo“. O xogo ten a temática do popular “plantas contra zombis” pero ambientado no mundo deste programa da Televisión de Galicia.
Actualización 03/11/2014: Xa está o xogo dispoñible na App Store.
PPSSPP, en galego
PPSSPP é un emulador de PSP multiplataforma. A súa baza é sacar unha alta resolución (incluso en Android) daquelas texturas que dentro da pequena pantalla da PSP se representaban de forma borrosa e pouco definida. Volve gozar dos teus xogos cunha nova resolución.
Teclado Galego Android
Teclado Galego Android é o primeiro teclado en galego feito en Galicia. Esta aplicación permítenos escribir cunha perfecta corrección ortográfica en galego. Xorde a partir do Teclado AOSP de Android pero incluíndo a lingua galega.
Google Keyboard, en galego
Google actualiza o seu teclado de Android incluíndo de forma nativa o galego e o éuscaro. O teclado de Google permíteche inserir texto dun xeito máis sinxelo e intelixente, con funcións como o recoñecemento de palabras. a predición de escrita e a escritura xestual.
Actualización 29/07/2014: O teclado xa está dispoñible no Google Play.
Cerberus, en galego
Cerberus é un completo programa contra o roubo dos seus dispositivos. Ofrécelle protección para recuperar o dispositivo perdido ou roubado, e identificar o paradoiro ou calquera tentativa de operar con el. Ata 5 dispositivos podes rastrexar cunha única conta.
Co 3º aniversario da aplicación, hoxe 25 de abril, e ata o 26 ás 6 AM, o programa será de balde para todo novo usuario ou que xa anteriormente o empregase. O prezo normal é de 2’99€ para sempre.
Telegram, en galego
Novidades do Telegram
Telegram da un paso adiante na localización, movendo as traducións de Android (oficial e S-edition), iPhone e a versión Web, á plataforma Transifex. Seguen implicados donatorouco e ashtophet, e súmase susobaco. Con esta, espérase unha pronta inclusión do galego, oficialmente.
Novidades do Galegram
A xente que está detrás de Galegram presenta varias actualizacións. Por unha banda presentan a súa versión web de Webogram, tamén chamada Galegram. E seguen apostando por anovar e mellorar a propia versión android do Galegram. Ademais estrean icona nova e páxina web.
Smart Ribeira
Smart Ribeira é unha aplicación móbil de participación cidadá e difusión do concello de Ribeira, municipio de Galicia situado na costa oeste da provincia da Coruña, na comarca do Barbanza. A súa capital e núcleo urbano máis poboado é Santa Uxía.