PPSSPP é un emulador de PSP multiplataforma. A súa baza é sacar unha alta resolución (incluso en Android) daquelas texturas que dentro da pequena pantalla da PSP se representaban de forma borrosa e pouco definida. Volve gozar dos teus xogos cunha nova resolución.
Soccer (NES), en galego
Soccer é un videoxogo deportivo para Nintendo Entertainment System, editado no Xapón en 1985 (1987 en Europa). Conta coas seleccións de Brasil, España, Francia, Alemaña, Inglaterra, Xapón e Estados Unidos. Forma parte da Sport Series da NES.
Teclado Galego Android
Teclado Galego Android é o primeiro teclado en galego feito en Galicia. Esta aplicación permítenos escribir cunha perfecta corrección ortográfica en galego. Xorde a partir do Teclado AOSP de Android pero incluíndo a lingua galega.
Google Keyboard, en galego
Google actualiza o seu teclado de Android incluíndo de forma nativa o galego e o éuscaro. O teclado de Google permíteche inserir texto dun xeito máis sinxelo e intelixente, con funcións como o recoñecemento de palabras. a predición de escrita e a escritura xestual.
Actualización 29/07/2014: O teclado xa está dispoñible no Google Play.
Gmail, en galego
Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.
Actualización (02/10/2014): Gmail v4.9 (1271612) para Android segue sen traer galego.
Seguir lendo
Cerberus, en galego
Cerberus é un completo programa contra o roubo dos seus dispositivos. Ofrécelle protección para recuperar o dispositivo perdido ou roubado, e identificar o paradoiro ou calquera tentativa de operar con el. Ata 5 dispositivos podes rastrexar cunha única conta.
Co 3º aniversario da aplicación, hoxe 25 de abril, e ata o 26 ás 6 AM, o programa será de balde para todo novo usuario ou que xa anteriormente o empregase. O prezo normal é de 2’99€ para sempre.
Chega o dominio .gal
Chega o dominio galego á Internet. O puntoGAL consegue, logo de máis de 7 anos, a aprobación da ICANN. A primeira páxina, nic.gal, irá dando conta das fases de establecemento, primeiro os rexistros prioritarios e logo aquel que o desexe. O requisito, compromiso coa cultura e lingua galega.
😎 Vía | http://puntogal.org/actualidade/nova.php?id=491 – Marcus.es – CRTVG – Código Cero
Protéxete da falla Heartbleed
Unha importante vulnerabilidade chamada “Heartbleed bug” foi descuberta no software OpenSSL que é usado en varias das páxinas máis populares. OpenSSL é o sistema incorporado para cifrar contrasinais e outra información confidencial. Esta falla pode revelar o contido da memoria do servidor, onde se gardan os datos reservados.
Telegram, en galego
Presentando Cats by Opera
Dos creadores de Coast by Opera, chega o primeiro navegador do seu tipo, coidadosamente feito para gatos domésticos.
Presentando Cats by Opera, o navegador feito á medida para os vosos gatos.