Google Keyboard, en galego

Google Keyboard galego Google actualiza o seu teclado de Android incluíndo de forma nativa o galego e o éuscaro. O teclado de Google permíteche inserir texto dun xeito máis sinxelo e intelixente, con funcións como o recoñecemento de palabras. a predición de escrita e a escritura xestual.

Actualización 29/07/2014: O teclado xa está dispoñible no Google Play.

Seguir lendo

Gmail, en galego

gmail galego Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.

Actualización (02/10/2014): Gmail v4.9 (1271612) para Android segue sen traer galego.
Seguir lendo

Cerberus, en galego

cerberus galego Cerberus é un completo programa contra o roubo dos seus dispositivos. Ofrécelle protección para recuperar o dispositivo perdido ou roubado, e identificar o paradoiro ou calquera tentativa de operar con el. Ata 5 dispositivos podes rastrexar cunha única conta.

Co 3º aniversario da aplicación, hoxe 25 de abril, e ata o 26 ás 6 AM, o programa será de balde para todo novo usuario ou que xa anteriormente o empregase. O prezo normal é de 2’99€ para sempre.

Seguir lendo