Unha importante vulnerabilidade chamada “Heartbleed bug” foi descuberta no software OpenSSL que é usado en varias das páxinas máis populares. OpenSSL é o sistema incorporado para cifrar contrasinais e outra información confidencial. Esta falla pode revelar o contido da memoria do servidor, onde se gardan os datos reservados.
Arquivo da categoría: Artigos
Artigos de interese extraídos de diferentes páxinas.
Presentando Cats by Opera
Dos creadores de Coast by Opera, chega o primeiro navegador do seu tipo, coidadosamente feito para gatos domésticos.
Presentando Cats by Opera, o navegador feito á medida para os vosos gatos.
25 feitos. Celebrando 25 anos da web
Fai vinte e cinco anos, o científico informático británico Sir Tim Berners-Lee fixo unha proposta do que agora coñecemos como a Word Wide Web (Grande Arañeira Mundial gl).
Engade o DRAG ao Opera
Estamos de estrea, como nos contan en Código Cero, xa naceu o novo Dicionario da Real Academia Galega, en liña e pódese engadir aos motores de busca do Opera, para telo sempre dispoñible.
Engade o Digalego ao Opera
O digalego é un dicionario de galego en liña que Ir Indo Edicións presentou no ano 2008: Ir Indo estrea unha versión web do seu dicionario de galego (Código Cero). Cun sinxelo truco, podemos engadir o dicionario á nosa lapela de buscadores, para telo sempre accesible.
Fedella na informática, en galego!
Neste caderno que me fornece de balde Opera, vou ir poñendo as miñas traducións en galego. Coma un cativo que trebella con todo canto pasa polas súas mans, así se pode chamar a miña experiencia nas computadoras.