21 de febreiro, #DiaInternacionalDaLinguaMaterna
15º aniversario do Día Internacional da Lingua Materna
Arquivo da categoría: Apuntes
Curiosidades, coñecementos ou ferramentas de axuda.
Servidores DNS, uso e axuste
O protocolo DNS é unha parte importante da forma de entender a rede, é como a nosa axenda de teléfonos, cada vez que visitamos unha ligazón, o router fai unha busca a través do servidor DNS e amósanos a páxina. Pero cando notemos lentitude ou comecen a fallar páxinas, algo non vai ben.
Chega o dominio .gal
Chega o dominio galego á Internet. O puntoGAL consegue, logo de máis de 7 anos, a aprobación da ICANN. A primeira páxina, nic.gal, irá dando conta das fases de establecemento, primeiro os rexistros prioritarios e logo aquel que o desexe. O requisito, compromiso coa cultura e lingua galega.
😎 Vía | http://puntogal.org/actualidade/nova.php?id=491 – Marcus.es – CRTVG – Código Cero
Adeus My Opera
We had a good run for many years, but we believe your content could have a better home elsewhere, so we have made the decision to shut down My Opera as of March 1, 2014.
IMPORTANT ANNOUNCEMENT ABOUT YOUR MY OPERA ACCOUNT
Acceder á partición de recuperación
Ao mercar un equipo novo, aparte dos programas que o fabricante pensa que che son necesarios, o disco duro pode vir particionado (separado coma se houbese máis de un). Segundo o fabricante, podes acceder a el ou non, desaparecendo da orde de +12GB de disco duro. U-los?.
Syobon Action
Rebautizado coma “Cat Mario”, “Neko Mario” ou “Gato Bros.”, é un videoxogo en 2D xaponés (しょぼんのアクション Shobon no Akushon, 2007), recoñecido pola alta dificultade dos niveis. Os gráficos parodian ao Super Mario Bros. orixinal da Nintendo Entertainment System (NES).
Galego para… Windows Phone 8?
Windows Phone 7, sen galego. Windows Phone 7.5, sen galego. Windows Phone 8, non trae galego. Vai sendo hora de petarlle na porta a Microsoft: recompilo unha serie de ligazóns para facerlle saber a Microsoft que nos interesa Windows Phone en galego.
Galego para… WhatsApp?
http://translate.whatsapp.com/ Neste enderezo está o apartado de tradución para WhatsApp, nas distintas plataformas onde temos a aplicación. Agora pódese colaborar no galego: chega co identificarte mediante Facebook, Twitter ou Google, escoller “Galician” e comezar a traducir textos, ou, validar o traducido.