Gmail, en galego

gmail galego Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.

Actualización (02/10/2014): Gmail v4.9 (1271612) para Android segue sen traer galego.
Seguir lendo

Cerberus, en galego

cerberus galego Cerberus é un completo programa contra o roubo dos seus dispositivos. Ofrécelle protección para recuperar o dispositivo perdido ou roubado, e identificar o paradoiro ou calquera tentativa de operar con el. Ata 5 dispositivos podes rastrexar cunha única conta.

Co 3º aniversario da aplicación, hoxe 25 de abril, e ata o 26 ás 6 AM, o programa será de balde para todo novo usuario ou que xa anteriormente o empregase. O prezo normal é de 2’99€ para sempre.

Seguir lendo

Chega o dominio .gal

puntoGAL Chega o dominio galego á Internet. O puntoGAL consegue, logo de máis de 7 anos, a aprobación da ICANN. A primeira páxina, nic.gal, irá dando conta das fases de establecemento, primeiro os rexistros prioritarios e logo aquel que o desexe. O requisito, compromiso coa cultura e lingua galega.

😎 Vía | http://puntogal.org/actualidade/nova.php?id=491 – Marcus.es – CRTVG – Código Cero