Google Views, en galego

google views galegoGoogle Views permíteche explorar partes do mundo dende a casa. É unha comunidade onde os usuarios soben fotos con datos de xeolocalización e estas son inmediatamente identificadas en Google Maps na súa posición (servizo sucesor da española Panoramio, o cal xa mercaran no 2007).


❓  Descrición: Panoramio nace no 2005 creada por dous españois. De seguido se fai un oco na comunidade pola súa sinxeleza á hora de subir fotografías con indicadores de localización e que estes se puidesen observar no lugar onde se tomaron as fotografías dende Google Earth ou Maps. A importancia do servizo, fixo que Google o mercase no 2007, seguindo igual, pero baixo o seu abeiro, mais pouco a pouco perdeu identidade, as actualizacións non chegaban e o galego nunca chegou a estar completo.

Google pola súa banda, comezou a traballar na súa propia versión, Views, e as novidades das que se privaron a Panoramio adquiriunas o seu produto, como a inclusión das fotografías tomadas coa aplicación Fotografía Esférica (Photo Sphere, fotografías panorámicas en 360º) dispoñible en Android dende Jelly Bean v4.2 e en iPhone; ou a tradución completa ao galego. Obviamente, manter dúas liñas similares non sería viable así que o 16 de setembro, anuncian nos foros de soporte de Panoramio a finalización do servizo. Iranse integrando os 80 millóns de imaxes que aportou a comunidade dentro do novo servizo. Non require rexistro xa que se asocia á túa conta GMail.

💡  Tradución: Oficial de Google.

⭐  Desenvolvedor: Google. Categoría: fotografía.
➡  https://www.google.com/maps/views/

😎  Vía: https://twitter.com/eduardomanchon/status/512740267019890690
http://www.cnet.com/news/google-to-axe-panoramio-photo-sharing-service-move-to-views/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s