Teclado Galego Android

teclado galego android Teclado Galego Android é o primeiro teclado en galego feito en Galicia. Esta aplicación permítenos escribir cunha perfecta corrección ortográfica en galego. Xorde a partir do Teclado AOSP de Android pero incluíndo a lingua galega.


 

Descrición: Teclado Galego é totalmente gratuíto. Xorde da unión de dous grupos ao abeiro da Universidade de Santiago: FAZ Cultura e Cilenis. Non tes nin terás que pagar por el. Nútrese do Teclado AOSP (Android Open Source Project) de Google, polo que inclúe todas as vantaxes do software libre. Úsao sen límites. Permite escribir no teu dispositivo sen preocuparte das faltas de ortografía e dos erros parvos que se cometen ao escribir rápido. Ademais ten un deseño moi intuitivo e doado de usar. Forma palabras facendo correr o dedo sobre a pantalla, unindo letras. Por fin poderás facer malabarismos e escribir de xeito sinxelo cunha soa man cando veñas cargado coas cincuenta bolsas da compra. Canto máis empregues o teclado máis te coñecerá, mellorando así a súa capacidade preditiva. Suxíreche palabras a medida que vaias escribindo. Escoitámoste para seguir mellorando o noso dicionario e dar un mellor servizo. Envíanos suxestións, a túa opinión é importante.

Desenvolvedor: FAZ Cultura e Cilenis | Categoría: Ferramentas (software libre).

➡  Descarga: Google Play

😎 Vía: Código Cero: FAZ Cultura e Cilenis presentan o primeiro teclado galego específico para Android

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s