Telegram, en galego

telegram galego Finalmente, chega o galego ao Telegram oficial (non tardará en facelo á S-edition). Houbo que peregrinar polo traballado Shurgram, ao camiño asaltounos a versión xenuína galega Galegram; pero ao final do treito, xa se pode fedellar en galego no cliente oficial, cunha tradución coidada.

❓  Descrición: Programa de mensaxería instantánea para móbiles, semellante ao Whatsapp, tanto en uso como interface, feita para mellorar a adaptación. É gratuíta, é segura (as mensaxes envíanse cifradas), é máis lixeira que outras aplicacións similares, multiplataforma, e esgota menos a batería xa que integra as notificacións no mesmo proceso do Google Cloud Messaging (aforra ao non ter dous servizos traballando).

💡  Tradución: donatorouco, ashtophet e susobaco. Polo momento toca facer un apaño e engadir o arquivo de tradución aparte. Descargamos o “strings.xml” e movémolo ao teléfono onde teñamos Telegram:

– Abrimos unha conversa con nós mesmos e enviamos o arquivo “strings.xml” (podes enviarllo a outra persoa, e se este cho reenvía el tamén poderá seguir estes pasos).
– Damos un pequeno toque ao carón de “Abrir/Open” (non no botón), e saltará unha xanela onde escolleremos “Aplicar archivo…/Apply….” (se prememos moito tempo selecciona o arquivo, repite se pasa iso).
– Agora ábresenos Axustes e aí xa podemos elixir Galego… feito!. OLLO: Aparecen un par de liñas en inglés, a pesar de estar traducidas no ficheiro, descoñezo o motivo. En canto se vaia pulindo a tradución, pódense repetir os mesmos pasos para contar coa versión revisada (non tardará moito en vir integrada xa na app).

ACTUALIZACIÓN 09/04/2014: Agora que é oficial poder incluír o galego, aparecen membros Trasno para darlle unha revisión (comenta un que non está ao seu xeito). 😕 En fin, coa de tempo que se sabia (e se lles informou) que se estaba a traducir.

ACTUALIZACIÓN 16/04/2014: Problemas coa tradución. Algúns membros de Trasno, no canto de revisar, argumentar ou aconsellar, van desbotando o traballo feito por non cinguirse ás súas normas. Cando se lles piden razoamentos, pasan de responder ou alegan que así está nas súas “biblias”. De verdade, unha pena que algúns cheguen a facer isto dicíndose defensores das traducións, e non fan outra que darlle atrás a un traballo desinteresado doutras persoas, incluso ashtopet dou en abandonar o seu perfil como revisor (dado que “algúns novos” non concordan coas súas expresións) e pasa a ser tradutor (e dar grazas a que non marchou definitivamente dun traballo que axudou a nacer e medrar).

ACTUALIZACIÓN 29/10/2014: Segundo me indican nos comentarios ningún de trasno está traducindo actualmente a aplicación. Segue sen vir o galego incluído, polo que necesitamos facer o apaño. Actualizo a ligazón do strings.xml de cando en vez coas novas revisións na plataforma. Se actualizas a aplicación e che sae algo en inglés, repite os pasos. É posible aplicala tamén no Galegram (substitúe a súa propia tradución).

⭐  Telegram LLC. (OpenSource GPL). Categoría: social.
➡  Telegram v1.4.9: Google Play
  strings.xml (galego): https://www.box.com/s/v9y0s29yhkwa3amwc9nd (última revisión: 29/10)

😎  Vía: https://www.transifex.com/projects/p/telegram/announcement/42906/

❗  Revisión:
28/10/2014, v1.9.7: Soporte para seudónimos/alcumes (establece o teu en Axustes > Nome de usuario. Tamén podes buscar por alcumes dende Contactos). Notificación de capturas de pantalla en conversas secretas. Temporizador flexible para conversas en secreto.
05/06/2014, v1.4.10: Pódese mover a aplicación á µSD. Amañado compartir GIFs con algunhas aplicacións. Os GIFs animados reprodúcense ao descargalos.
03/06/2014, v1.4.9: Amósanse animacións GIF nas mensaxes. Amañado compartir imaxe/avatar en dispositivos con pouca memoria. Pódense aplicar as localizacións de Transifex, con só enviar o ficheiro xml como documento.

Advertisements

11 reflexións sobre “Telegram, en galego

  1. Respecto a un comentario incorrecto na nova dicir: Non hai ningún membro de Trasno traducindo o Telegram. En canto a ashtopet era un revisor, narcisista e cuns razoamentos lingüísticos curiosos. A tradución mellorou sensiblemente desde que deixou o posto.

  2. Trasno é un grupo de tradución cun traballo magnífico e voluntario nas súas costas ao longo de moitos anos. Deberías ser menos atrevido e verificar o que escribes antes de prexudicar a terceiros.

    • Perdoa, tiña as notificacións ao correo desactivadas e xa hai días que non abría o caderno. Coñezo Trasno, e se les ben, en ningún momento me queixo do labor do Proxecto Trasno senón das formas de actuar neste caso. E o de que non hai membros de Trasno a traducir, déixamo poñer en dúbida, pois algún dos tradutores indícano no seu perfil, amais de empregar os mesmos seudónimos.

      A primeira actualización fai referencia ao que se comenta na lista de Trasno (a cal é aberta e onde todo o mundo pode ver o que se comentaba, non invento). Desta tradución falan de facerse cargo para poñela coas regras que o proxecto adoptou co paso dos anos.

      Na segunda actualización dou o meu parecer conforme aos comentarios que se fixeron dentro de Transifex (os cales son privados a menos que se sexa membro do grupo de tradución). De pouco me vale que consideres que eu ataque a Trasno, cando ti falas mal doutra persoa que comezou a tradución ao galego (con máis ou menos acerto, pero dou o paso) e ao que non se lle aconsellou nada antes de empezar a “marxinalo”, pois falei con el e ninguén de Trasno (ou deses membros que non son de Trasno), tivo o detalle de comentarlle os erros.

      • Que haxa algunha persoa de Trasno anotada como tradutor non significa que estea traducindo. Vexo perfectamente que persoas están traducindo e verificando e ningunha delas é de Trasno o que non quere dicir que non colaboren con Trasno nalgún proxecto, pero non son membros da asociación. En canto a que se marxinou a unha persoa, seguín o debate e non é certo. Derónselle varios manuais de tradución de diferentes orixes para que os lese. Porén seguiu nas súas trece até que de repente dediciu retirarse como revisor. Os egos agrandados son malos e levan a non saber aceptar os erros nin as críticas propias dun proxecto de software libre que non é propiedade de ninguén. Esta persoa recoñeceu que sabía que todas as linguas seguían un criterio similar pero que a el non lle gustaba (e nin sequera é lingüista).

      • Entón, para que se apunta a xente a un proxecto da plataforma se non vai traducir ou darlle validez ao traducido? Non ten sentido. Mesmo pasou coa tradución da plataforma Transifex en si: estaba traducida ao 100% pero como ningún dos apuntados revisaba ou validaba a tradución, os desenvolvedores non activaban a tradución. Non foi ata que un dos tradutores lles escribiu directamente e ao fin a incluíron nos idiomas da plataforma (e si, tamén había, e hai, membros de Trasno dentro do proxecto).

        O problema é usar “membros de Trasno” cando pode ser xente “voluntaria que colaboran na comunidade Trasno”? Pois entre os que estaban no equipo do proxecto Telegram, ao momento de redactar o artigo, había quen poñía no perfil “Membro do Proxecto Trasno” e outros “parte de Trasno”… igual iso me fixo dubidar. Por certo, no equipo actual recoñezo 3 membros, habituais colaboradores noutras traducións de Trasno, así que o de “ningunha delas é de Trasno” sobra. E tampouco sei a que vén o de “non son membros da asociación”, cando, volvo repetir, neste artigo nin falo nin critico para nada á asociación.

      • Vamos a ver, a colaboración no software libre é voluntaria capisci? Un pode colaborar traducindo un número de cadeas e deixalo polo motivo que sexa. Moita xente colaborou traducindo cadeas de Telegram pero agora mesmo calquera pode comprobar quen está traducindo este programa e non é ningún de trasno nin tampouco o teu famoso amigo «filólogo». Tes unha fixación con Trasno un pouco patolóxica e vexo que tamén tes bastante unha nula capacidade para recoñecer os teus erros. Be happy e deixa os de Trasno en paz, neniño.

      • Co Proxecto Trasno non teño problema nin fixación, considéroo un excelente proxecto e agradecese todo o que fan. Aquí, volvo insistir estás enredando as cousas pois nin critiquei o labor nin dixen que o Proxecto Trasno era o encargado da tradución, só dei a miña opinión da actitude mostrada por algún dos colaboradores, pois darlle atrás á tradución nese momento no que os desenvolvedores de Telegram ían incluír varios idiomas na aplicación só prexudicou aos que quixeran Telegram en galego sen ter que facer as reviravoltas que comento no artigo.

        Poño unha actualización e digo que xa non están membros de Trasno mantendo a tradución, está ben? Aquí o que importa é a tradución, logo dese pequeno paso atrás en abril, agora xa leva un tempo estando ao 100% e manténdose así, que é realmente o que interesa.

      • Es un pouco apouvigado meu rei. Nunca houbo membros de Trasno mantendo a tradución. Primeiro mantíñaa o anterior revisor, o filólogo afeccionado que non seguía ningún manual nin aceptaba suxestións e agora mantena o revisor actual que tampouco é de trasno aínda que segue bastante os seus criterios. Así que deixa de tocar o carallo. Por certo eu tampouco son membro de Trasno.

      • Apouvigado significa calmo, abatido, aflixido ou acovardado. Non ten sentido que chames iso a enfeitizador. Se cadra quixeches dicir aparvado, aloulado, apalermado, apampado, aparrulado…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s