Novidades do Galegram

Galegram Telegram galego A xente que está detrás de Galegram presenta varias actualizacións. Por unha banda presentan a súa versión web de Webogram, tamén chamada Galegram. E seguen apostando por anovar e mellorar a propia versión android do Galegram. Ademais estrean icona nova e páxina web.


❓  Descrición: Galegram é un fork (unha ramificación) de Telegram, de estilo galego e para os galegos. Baséase no cliente para android de Telegram e usa os seus servidores para a xestión de contactos, ficheiros, conversas, etc… polo que ambos clientes (Galegram e Telegram) son compatibles ao 100%.

Cabe aclarar que non é creación propia, cóllese a base do Telegram e modificase ao gusto (permitido pola licenza do mesmo) e empregan o “Ocultar conexión”, que tampouco é creación deles (a pesar do que digan en entrevistas). Seguen a probar todo canto poden a través do publicado en distintos forks públicos (que se axustan á licenza, podes remexer pero faino público). Os engadidos que chamen a atención manteranse, o que non serva desbotarase. Levan un ritmo de actualizacións constantes e van incorporando emoticonas novas (retirando algunha das vellas).


Arriba as iconas do Galegram, abaixo o que ven os que teñan Telegram. A icona do polbo está mal configurada.

💡  Tradución:
Webogram: semella tradución propia (o visto por encima non ten que ver coa de Pablo Belay).
Telegram: segue coa tradución vella (algunha revisión puntual pero con cadeas sen traducir). Afirman que Política Lingüística fará revisión da tradución (a tradución oficial do Telegram estase a facer en Transifex).

⭐   Telegram LLC. (OpenSource GPL). MC’Apps (grupo de amigos, que fixeron Galegram coma proxecto de estudo. Segue sen haber fork publico e non se fai referencia á orixe do que implementan).
➡  12/03/2014: Galegram (web)
➡  12/03/2014, v1.3.30: Google Play

😎  Vía | http://www.galegram.org/
https://twitter.com/galegram

❗  Revisións:
09/06/2014, v1.5.27: Funcionan as notificacións en todos os dispositivos. Redúcese máis o consumo da batería. Novo servizo de avisos ao móbil para participar nas características da aplicación (1 aviso por semana).
27/04/2014, v1.5.21: Libérase espazo usado pola aplicación (Axustes, Liberar espazo no dispositivo). Redúcese o consumo de batería. Nas conversas de grupo, cando se envía multimedia, amósase o nome do remitente na vista.
06/04/2014, v1.5.1: Engadidos GIFs animados (compartídeos como imaxes, vense ao descargalos). Engadidos dous elementos nos menús: “Galegadas”, dentro da conversa. Abre a páxina http://www.galegram.org/galegada/ con frases atribuídas a dobraxes galegas (algunhas inventadas). “Galegram FAQ”, na pantalla principal, dentro dos Axustes. Abre páxina http://www.galegram.org/faq/ coas preguntas habituais sobre a aplicación. Nova imaxe de fondo para conversas, con motivos galegos.
03/04/2014, v1.5.0: Actualizado o servizo de notificacións (recomendable desinstalar antes de actualizar, aínda que non necesario).
12/03/2014, v1.3.30: Publicase o cliente web. Nova revisión do servizo de notificacións en segundo plano (a falla de implementar o novo método de Telegram).

Advertisements

2 reflexións sobre “Novidades do Galegram

    • O equipo que fixo Galegram non puxo nada ao respecto na súa web (xa lle preguntaron no Google Play).

      Na plataforma Transifex a tradución ao galego do Telegram para iOS e OSX está ao 100% (traducida e revisada), non sei se as aplicacións na AppStore o inclúen.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s