25 feitos. Celebrando 25 anos da web

web25

Fai vinte e cinco anos, o científico informático británico Sir Tim Berners-Lee fixo unha proposta do que agora coñecemos como a Word Wide Web (Grande Arañeira Mundial gl).

Håkon Wium Lie, o noso director de tecnoloxía, traballou xunto con Berners-Lee no comezo dos 90s. El tamén é amplamente coñecido coma o “Pai da CSS” (follas de estilo gl). Lembra a primeira vez na que se dou conta de como de importante sería a World Wide Web.

“Cando vin por primeira vez o código HTML (Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto glna miña pantalla, pensei ‘Wow’. O feito de que puideses construír sistemas de hipertexto global cun código marabillosamente simple foi unha revelación para min. Iamos visitando algunhas universidades para amosárllelo – a Internet naceu como unha especie de zona de probas (sandbox) ou campo de xogo para os investigadores. Agora, miro ao meu redor e sinto satisfacción de todo no que se converteu a rede. A xente emprega CSS e HTML de formas que nunca chegamos a imaxinar. A rede é unha forza positiva. É a comunicación humana. Todo o que nós puxemos na rede é un respaldo único dos coñecementos da humanidade.”

Para celebrar o 25º aniversario da Web, velaquí van 25 feitos que consideramos che poden interesar:

1989: Tim Berners-Lee e o equipo do CERN inventan a World Wide Web.

1990: Créase o motor de busca Archie na Universidade de McGill. Considerado o primeiro buscador da Internet.

1991: Ponse en marcha o primeiro sitio web.

1992: A frase navegar pola Internet foi acuñada por Jean Armour Polly.

1993: Ve a luz o navegador web Mosaic, a miúdo descrito como o primeiro navegador gráfico.

1994: Lánzase Yahoo!. Sae por primeira vez como un directorio web.

1995: Nace Opera! Fixémolos 18 anos o ano pasado.

1996: Nokia comercializa o primeiro teléfono con acceso á Internet, o Nokia 9000 Communicator.

1997: Bota a andar BabelFish, a primeira aplicación de tradución automática.

1998: Nace o motor de busca Google.

1999: Fai aparición Napster, mudando a maneira de atopar e consumir música en liña.

2000: No ano 2000, hai máis de 20 millóns de páxinas web en funcionamento.

2001: Publícase o primeiro artigo da Wikipedia.

2002: Nace a rede social Friendster. Hoxe, Friendster funciona como páxina de xogos sociais.

2003: Publícase Skype, un servizo de voz e vídeo chamada.

2004: Ponse en liña Facebook.

2005: Súbese o primeiro vídeo no YouTube. Saen nel un rapaz e un zoolóxico.

2006: Preséntase Twttr. Hoxe chamado Twitter, é un dos servizos sociais máis empregado.

2007: Apple lanza o iPhone, cambiando o xeito no que a xente usa os navegadores móbiles.

2008: Ponse a andar Dropbox no TechCrunch50.

2009: Lánzase WhatsApp, unha aplicación de mensaxería multiplataforma.

2010: Lánzase Instagram. Ao fin podemos sacarlle fotos á comida.

2011: Preséntase Google+. Lanzado nun primeiro momento coma servizo só por convite.

2012: Máis de 115,000 páxinas web participaron na maior protesta en liña da historia. Foi a protesta contra a censura da Internet xestionada pola SOPA e PIPA.
SOPA: Stop Online Piracy Act (acta de cese da piratería en liña)
PIPA: PROTECT IP Act (acta de prevención ás verdadeiras ameazas á creatividade económica e ao roubo de propiedade intelectual).

2013: Anúnciase Internet.org, un proxecto de Facebook en colaboración con Opera e outras compañías tecnolóxicas. A súa fin é conectar aos vindeiros 5 mil millóns de persoas en liña.

2014: O ano acaba de comezar! Cal pensas que foi o evento máis importante ata o momento?

Vía | http://blogs.opera.com/news/2014/03/25-years-of-the-web/ ()

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s