Galegram (Telegram) en galego

galegram telegram galegoSe non te adaptaches ben ao Shurgram, ou agardas que o Telegram oficial engada o galego, dispoñemos no Google Play doutro novo fork do cliente. Neste caso chámase Galegram, e, obvio, tamén trae galego. Que non sexa por oportunidades de probar o novo cliente de mensaxería.

Actualización (14/03/2014): Visita o novo artigo para saber das novidades do Galegram.

 

❓  Descrición: Programa de mensaxería instantánea para móbiles, semellante ao Whatsapp, tanto en uso como interface, feita para mellorar a adaptación. É gratuíta, é segura (as mensaxes envíanse cifradas), é máis lixeira que outras aplicacións similares, multiplataforma, e esgota menos a batería xa que integra as notificacións no mesmo proceso do Google Play services (aforra ao non ter dous servizos traballando).

Quitar calquera Telegram antes de instalar. Está aplicación ten modificacións do fork Shurgram non do oficial, ao igual co Shurgram, contén iconas personalizadas, que só se verán entre os que teñan o Galegram.

Risoños: 
Outras:     (o resto de iconas de usuarios tamén teñen boina).

💡  Tradución: Colle as traducións de Cap-Man ou donatorouco sen corrixir (agora revisadas no GitHub).
Galego predefinido: substitúese o “strings.xml” inglés, polo cal co android en galego, ábreche a aplicación en galego por omisión (certamente, abriría o inglés). Se tes o android en castelán, sae en castelán.

Coa actualización v1.3.21.8 inclúese esta notificación. No canto de traballar sobre a tradución activa, avógase por dividir esforzos facendo outra nova tradución?. Segue sen agradarme a maneira de concibir a aplicación.

⭐  Telegram LLC. (OpenSource GPL). Fork “Galegram”, Miguel Carrillo, MC’Apps.
Emprega alcumes coma raskae ou vulgarcito e non se dispón de páxina propia (liga á do Sergas) nin do fork público.
➡  22/02/2014 ~ Galegram v1.3.21.6: Google Play

😎  Vía: https://twitter.com/AmilGZ/status/437265878401691649
http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/6607/nin-whatsapp-nin-telegram-xa-esta-aqui-o-galegram/
http://codigocero.com/Xorde-un-cliente-de-Telegram-para

❗  Revisión:
22/02/2014 v1.3.21.6: Ao descompilar o apk atopo cousas das variacións efectuadas na versión Shurgram. Na tradución atopo erros que había na tradución de Cap-Man e donatorouco: falla de tiles, termos incorrectos (gallería, atráis, añadiste, resulatos) e grallas como *encriptación, *requerido, *ocurriu.
26/02/2014 v1.3.21.7: Engádense novas cadeas de texto para adaptarse ao “strings.xml” de Telegram, pero non están traducidas (saen en inglés).
02/03/2014 v1.3.21.8: Corríxense algunhas grallas. Elimínanse iconas que fan referencia a Shurgram. Mellora do micrófono para enviar notas de son.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s