Galego para… Telegram?

telegram galego Leo en Xataka Android que Telegram actualizase e xa está dispoñible en castelán, o que irremediablemente me fai pensar se por algures se artella versión en galego. E así un pouco de busca da resultado: hai unha solicitude aberta no GitHub: https://github.com/DrKLO/Telegram/pull/53

Actualización (17/03/2014): Visita o novo artigo para saber das novidades do Telegram.


A tradución é traballo por un lado, de José Cap-Man (usuario de forocoches), que fixo unha tradución, e tamén de Donato Rouco () que comezara outra tradución. Ao veren que ambos traballaron no mesmo, solicitouse anexar ambas traducións, e seguir nunha mesma liña. Hai dous usuarios máis, diiegoalx e ashtophet que van facendo correccións e pulindo o traducido. A tradución está completa a día 28 de xaneiro (agás unhas poucas novas cadeas) e falta a aprobación do desenvolvedor para incorporalo á aplicación.

03/02/2014. Vexo na lista do Proxecto Trasno que a 30 de xaneiro algún membro tira pola tanxente e opta por sacar a tradución do github para traballala de maneira externa. Non sei se non busca antes que non haxa alguén traballando na tradución onde a puxo o autor, se non lle importa ou prefire facer a súa versión oficial.

12/02/2014. Segundo comentan na noticia de Mallando no Android sobre esta tradución, parece que os membros de Trasno descoñecían que houbese tradución feita antes de comezar o seu labor. Polo que explica, dixeron que ían colaborar, pero non se fixo nada aínda.

04/03/2014. https://github.com/DrKLO/Telegram/issues/127#issuecomment-36558066 DrKLO move as traducións a Transifex, o que pode mellorar á pronta inclusión na aplicación. Seguen donatorouco e ashtophet e súmase susobaco ao traballo: https://www.transifex.com/projects/p/telegram/

14/03/2014: https://twitter.com/proxectotrasno/status/445663815024537600 Segue o chiste, o que xestiona o Twitter de Trasno parabenízase de algo sobre #telegram #galego, cando ningún membro se puxo a axudar coa tradución.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s