Probotector (Game Boy), en galego

probotector contra galegoProbotector (“Operation C” en EUA, “Contra” en Xapón) é un xogo do 1991 de correr e disparar (run & gun) creado por Konami e lanzado para Game Boy, sendo a primeira versión para portátiles da saga Contra, tendo uns gráficos similares ás versións Contra e Contra C da Nintendo Entertainment System.


Descrición: O xogo segue os acontecementos de “Super Contra”. Unha nación hostil sen nome (Black Viper na localización americana), relacionada coa organización Red Falcon, tomou unha mostra dunha célula alieníxena coa fin de desenvolver novas clases de armas biolóxicas usando a tecnoloxía da clonación. O xefe da Federación dálle unha orde confidencial ao veterano soldado Bill Rizer para deter este plan.

O argumento desta versión europea, segundo o manual, vén sendo case unha nova versión do primeiro “Probotector” para a NES, que á súa vez foi unha adaptación directa do argumento do primeiro “Contra” xaponés para recreativas. O troco máis grande é o de cambiar ao personaxe principal e varios inimigos por robots.

💡 Traducióndarkinferno1981 (LaRetrocaverna).

 

⭐  Desenvolvedor: Konami | Xogo: Game Boy (necesítase emulador).

➡  Probotector (E) [!] [T+Glg].IPShttps://www.box.com/s/qt5c025z18fsuzgmif2r
Hai que usar o programa Lunar IPS para aplicar este parche ao ficheiro “Probotector (Europe)”.
ROM parcheada (Goodxxxx series): Probotector (E) [!] [T+Glg].gb (CRC32: 4D9962E3).

😎  Vía: http://rctraducciones.blogspot.com.es/2013/09/probotector-game-boy-en-gallego.html
http://laretrocaverna.mforos.com/2088312/11290805-game-boy-probotector-gallego/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s