Acceder á partición de recuperación

Ao mercar un equipo novo, aparte dos programas que o fabricante pensa que che son necesarios, o disco duro pode vir particionado (separado coma se houbese máis de un). Segundo o fabricante, podes acceder a el ou non, desaparecendo da orde de +12GB de disco duro. U-los?.

O máis típico ao iniciar por primeira vez a computadora, será observar a partición de recuperación e a partición do sistema. Na partición de sistema é onde nos ven todo instalado, a partición de recuperación sería o CD de recuperación do fabricante (para persoas propensas a escangallar o sistema é boa solución, premer F11 ao iniciar o sistema e arrincar a consola de recuperación).

Pola contra, se mudas de sistema operativo, por avaría tiveches que trocar a placa base ou estas a reciclar ese disco dunha computadora vella, ese espazo seguirá aí ocupado. Se é unha partición visible podes entrar, borrala e asignarlle ese espazo ao resto do disco. Pero se esa partición non está visible, significa que non verás ese “disco” por ningunha parte.

Esta é unha solución para sistemas Windows. O primeiro vai ser deixar á man a Administración de discos, imos a “Computador/Administrar”, cando se nos abra a Administración de equipos buscar no despregable Administración de discos. O noso disco vai está “oculto” é dicir, sen letra de unidade pero cun número de disco (que teremos en conta máis adiante); por outra banda, dende o Administrador non poderemos facer ningunha opción con el (só Axuda), así que agora tiramos de liña de comandos:

  • Abrir a liña de comandos: tecla Windows+R ou inicio/executar ou inicio/programas/accesorios.
  • Escribir “diskpart” para abrir o programa Microsoft DiskPart (o símbolo de sistema mudará a DISKPART>).
  • Logo, poñemos “list disk“, e sairanos unha lista de discos. Se estas traballando na computadora que ten o espazo reservado sería o disco 0, se o tes nun USB externo, asegúrate antes de cal é o disco con esa partición inaccesible no Administrador.
  • Unha vez verificado cal é o disco, poñemos “select disk #” (mudar # polo número do disco). Diranos que ese disco # é agora o disco elixido.
  • Agora poñemos “list partition“, e veremos as particións do disco, fixarémonos en cal é a de recuperación e escribimos “select partition #” (mudar # polo número da partición). Indicaranos que a partición # é a partición elixida.
  • Poñemos agora “detail partition“, onde nos dará os detalles da mesma, tipo (ou Id.) , se está oculta ou se está activa. Observaremos que (se non podiamos acceder dende o Administrador) poñerá “Tipo: 27” e “Oculta: Si”. Toca modificar o tipo e poñeremos “set id 07“, que nos confirmará que se estableceu correctamente o Id. da partición.
  • Escribimos novamente “detail partition” e veremos como os detalles cambiaron “Tipo: 07” e “Oculta: No”. Xa podemos activar e darlle unha letra de unidade á partición dende o Administrador de discos, entrar a el, facerlle un respaldo, apartar só os programas OEM para unha reinstalación do sistema, ou desfacernos dela.

Máis información da ferramenta:
http://support.microsoft.com/kb/300415
http://technet.microsoft.com/en-us/library/cc766465(v=ws.10).aspx

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s