Engade o DRAG ao Opera

drag opera Estamos de estrea, como nos contan en Código Cero, xa naceu o novo Dicionario da Real Academia Galega, en liña e pódese engadir aos motores de busca do Opera, para telo sempre dispoñible.


O Dicionario da Real Academia Galega establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Poderás atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.drag opera

Anteriormente explicara como engadir o Digalego (o dicionario de Ir Indo), e agora, con este novo dicionario, podemos facer o mesmo.

Na barra de enderezos, picamos na frecha da caixa do buscador, e no menú emerxente, imos a Administrar motores.

Agora, na nova xanela, picamos en Engadir, e na nova xanela emerxente, dámoslle ao botón Detalles, e completamos co seguinte:

http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=%s

Aceptar e xa está feito. Agora, cada vez que o queiras empregar, podes poñer “r palabra_a_buscar” na barra de enderezos e irás dereito ao dicionario. Tamén podes elixilo na caixa do buscador.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s