Convite en Diaspora*… e chasco

diaspora* galegoHoxe por fin me chega o convite a Diaspora* (non era sen tempo, vaia). Xa foi aló por finais do ano pasado cando puxen as mans nesta tradución. E agora que xa podería revisar e continuar a miña tradución onde quedara… sorpresa!!


http://identi.ca/search/notice?q=galego+Diaspora
https://github.com/diaspora/diaspora/pull/628#issuecomment-948615

Saturday 02 April 2011 04:46:26
I do would want to take the responsability, maybe not in person but in the name of the Trasno Project, which coordinates most Galician translations of free software.

😐  Parabéns! Cunha tradución en marcha (parada nun 86%), na ferramenta que os desenvolvedores de Diaspora* puxeron ao dispor dos interesados en traducir o sistema a outras linguas, e chega este usuario, e nada, que a el lle gusta outra plataforma distinta, e se quere facer responsable do galego.

De verdade, no seu afán de notoriedade, non revisa que non haxa un traballo feito xa? Séntese fachendoso de pisar os esforzos dos demais por pertencer aos que coordinan máis traducións en galego? Se lle interesaba a aplicación, era doado ir dentro do proxecto a “GET INVOLVED“, “Translate” e ver que xa estaba aberta a autorización para “Galician”… pois vale, adeus ao traballo de tradución previo e grazas (si, “grazas” non “gracias”, como aparece na nova tradución).

Se con isto non chegaba, cando entro no 99translations para revisar o traballo que fixera, vexo unha chea de cadeas revisadas por outros usuarios, pero comprobándoas, na meirande parte delas non trocaron unha mísera liña, nin traduciron cadeas novas, só “editaron” o que había para asignarse a tradución da cadea! Para darlles de comer aparte son os cabeza pechada que seguen a corrixir os “ó” cando na escrita, oficialmente, hai que poñer “ao”, que si, que despois lese como se fose “ó”, pero as normas ortográficas están para cumprir e darlle un mínimo de calidade aos traballos de tradución.

😡  E así, cando se lle quere ensinar a máis programas a nosa lingua, atoparte con este tipo de xente é cando tes máis ansias de darlle un pulo ao galego… cantís abaixo, porque non se pode facer nada sen que apareza o típico experto de quenda que se escuda nos valores do Proxecto Trasno, os cales poden non ter culpa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s