Gens, en galego

gens galego Gens é un emulador da Sega Mega Drive distribuído baixo unha licenza GPL. É dicir, é software libre. Emula tanto xogos propios da Mega Drive como os xogos do MegaCD e da 32X (para estes últimos fan falla os ficheiros das BIOS). Xa podes rememorar as partidas da túa vella Mega Drive na computadora.


Descrición: O emulador incorpora características como: pantalla completa ou en xanela con scanline e varios motores gráficos, admite mandos de control, xogo en rede, gardado/cargado rápido mediante 10 rañuras, soporte de SRAM e BRAM, compatibilidade de son completa (YM2612, PCM, PGS 76489, DAC) en estéreo 16 bits a 11025 / 22050 / 44100 Hz, admite ficheiros de configuración, carga ROMs en arquivos zip e outras características bonitas.

A compatibilidade é bastante boa: un 92% dos xogos funcionan ben, un 5% xóganse con algúns defectos na imaxe e un 3% apenas se poden xogar. De todos os derivados máis actuais que hai do emulador, ningún mantén o uso da librería de tradución para poder poñelo en galego.

💡 Tradución: AmilGZ (Amil.gal) v2.14 (21/01/2011).
 language.dat: box.com/s/ybheklusmgxu55xzziqbbf7ewh6v5upn (revisado)
Ficheiro á parte. Descargar e metelo no cartafol do programa, o emulador iniciarase en galego directamente.

Desenvolvedor: Stéphane Dallongeville (http://www.gens.me/) | Xogos: emulador.
(21/05/2006) windows: gens-2.14-bios+galego.7z (emulador configurado, con tradución e BIOS).
(05/10/2008) linux: gens-2.15.5-i386.deb (deberemos incluír a tradución e os ficheiros BIOS no cartafol).
Outras traducións: español, catalá, charnego (castelán en rollo foda).

😎 Vía: http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=13041
http://memoriapixelada.com/2011/01/21/gens-en-galego/

Revisión:
2015 – Múdanse as ligazóns de descarga co peche de Memoria Pixelada.
2011 – Adaptase a tradución a unha versión máis completa do mesmo, e corríxense algúns erros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s