Unlocker, en galego

unlocker galegoSe algunha vez fuches incapaz de eliminar ou mover un arquivo en Windows e descoñeces que programa estaba facendo uso del, Unlocker é a solución. Con elixir Unlocker para un arquivo ou cartafol bloqueado, obterás unha lista de programas usando o elemento. Só tes que desbloquealo, e feito.

Descrición: Traballando con arquivos, movendo, eliminando, renomeando, etc., tiveches avisos como:
– Non se pode eliminar o cartafol: está a ser usado por outro usuario ou programa.
– Non se pode eliminar o arquivo: aceso denegado.
– O arquivo está a ser usado por outro programa.
– Asegúrate que o disco non está cheo, ou protexido contra escritura e que o arquivo non este en uso.

Se che pasou, aquí tes Unlocker. Ao instalalo, teremos no menú emerxente do botón dereito do rato a entrada Unlocker. Só teremos que seleccionar o cartafol ou arquivo desexado, premer en Unlocker e abriranos unha lista dos programas que están a usar o arquivo ou cartafol. Escollemos a opción (borrar, renomear, mover, copiar), logo dámoslle a desbloquear (ou desbloquear todo), e o arquivo estará ao noso dispor.

💡 Tradución: Delio Docampo Cordeiro.

❗ Nota. O instalador contén adware. Ao aceptar o acordo de licenza, chegades á pantalla de instalación de “Delta Toolbar” picade en Advanced e desactivade todas as marcas para evitar instalar esta barra para os navegadores.

Desenvolvedor: Cedrick Collomb. Categoría: freeware.
➡  2010/07/05 Unlocker v1.9.0 (32/64bits): http://www.emptyloop.com/unlocker/#download (espello)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s